Cantar IV de Cantares Galegos

"Xa cantan os paxariños.
Érguete meu ben, que é tarde.
-Deixa que canten, Marica;
Marica, deixa que canten..."
Rosalía de Castro

lunes, 14 de junio de 2010

II Certame foto-literario " Manolo Crisanto"



Por 2º ano consecutivo celebramos o concurso de fotografía que leva o nome de Manolo Sánchez, "Crisanto", que foi profesor de Física e Química neste instituto.

a temática do concurso xiraba esta vez sobre "As Brañas de Sada", e as fotos presentadas debíar ir acompañadas duns versos de Novoneyra a modo de título. Velaquí as fotos presentadas para que poidades comprobar a grande creatividade dos participantes. O fallo do xurado comunicarémolo próximamente. Este ano concédense dous premios e o primeiro poderá ser a portada dunha nova entrega da nosa revista A Voar.

lunes, 3 de mayo de 2010

O PRÍNCIPE TRISTE


Non moi lonxe do noso século, na terra dos antigos Faraóns e as secretas e mitolóxicas lendas de grandes tesouros e riquezas, habitaba no seu pequeno reino, dunha cidade xa habitada, un xoven e aposto príncipe que soñaba con ser algún día un gran rei como seu pai.
Dito reino do noso príncipe, estaba inimizado co pobo veciño. Esta mala situación viña dende antes de que o noso protagonista chegase a este perigoso e difícil mundo, do cal ninguén escapa sen sufrir nalgún momento da súa vida.
Os reinos veciños estaban enfrontados debido a que o reino do príncipe apenado, contiña no interior das súas entrañas unha pranta milagreira, unha especie de cáctus oriental pero sen púas.
Ese cáctus contiña o poder de adiviñar o futuro, un futuro que para o noso príncipe era totalmente escuro, horrible e inxusto.
Por esa mesma razón, o pobo veciño estaba enfrontado co príncipe e o seu reino; pola existenza dese cáctus que nunca debeu existir.
O xoven príncipe pasaba moitas noites pensando, dende que saen as estrelas, ata que o sol saca os seus primeiros raios de luz, no seu perigoso, incerto e inxusto futuro. Preguntábase que era o que él fixera para que se lle obrigara a vivir tal terrible vida en mans do destino que nunca antes imaxinara que lle podería acontecer.
Ás veces, os sonos convértense en realidade, non se podería explicar con palabras o por que, nin cando se acontece ese momento, pero o príncipe o sabía. Sabía que a súa traxedia estaba comenzada cun antigo sono que nin sequera él tivera.
A xeración de pais, fillos, avós, bisavós... pode ser moi boa polo reino e as riquezas que lle tocou vivir por descendencia. Pero tamén pode ser bastante nefasta, debido a que ese sono tan horrible e sen escapatoria por outro camiño que non fose o suicidio non fora o seu sono, senón de alguén dos seus antepasados que desexaba a súa destrucción e que agora descansará eternamente oíndo os pesares e gritos desesperados do que sería o seu neto, agora coñecido coma o príncipe triste.


Autor do relato: Edgar Gómez Sánchez 4ºB

miércoles, 31 de marzo de 2010

O cancioneiro das Brañas



Alumnos e alumnas de 4ºA

miércoles, 24 de marzo de 2010

"O paraugas Xacinto"


Conto inspirado no relato de Álvaro Cunqueiro titulado O paraugas Xacinto


- Iso é imposible- dixo Guerreiro. Non pode ser que un home que encerrado nun paraugas

- Pois pasou- contestoulle o home- e desde entón, Xacinto quedou atrapado no paraugas e non pode saír. O pobre home está desesperado, xa que aí dentro non ten espazo para moverse e é moi incómodo.

- E se imos en busca dunha meiga para ver se o pode axudar a saír?

- Ti coñeces algunha?

- Sei de un haque vive no Courel, din que é moi boa e que con só unha palmada, pode facer que o home máis desgraciado do mundo sexa feliz.

- Pois imos buscala!- dixo o home entusiasmado.

Así, foron xuntos en busca da meiga do Courel. Buscaron e buscaron, xa que as meigas non son doadas de encontrar, e o final, atopárona.

- Meiga do Courel, teño unha petición para vostede, o meu cuñado, Xacinto, está atrapado neste paraugas, e non pode saír, podería axudarnos?

- Sí, podo, pero no será de balde.

- O diñeiro non é un problema. Gracias o paraugas, conseguín cartos polos seus trucos.

- Ben, deixádeo aquí e vídeo a buscar maña cedo.

O día seguinte, encontraron a Xacinto fóra do paraugas e o paraugas destrozado, xa que tiña un maleficio para tragar a aquel que o usara para protexerse da chuvia. Os tres homes déronlle as grazas á meiga, pagáronlle e marcharon.


Yolanda Fernández Domínguez (4º B)
Ilustración realizada por Cristina Gutiérrez Lousa (4º B)

viernes, 12 de febrero de 2010

Rapaza manga


Este debuxo "manga" está feito con acrílicos e o fondo a pastel. Plasma a imaxe dunha moza xaponesa que leva un vestido de "Lolita gótica". A autora do debuxo é Cristina Gutiérrez Lousa de 4º de ESO B.
Alejandra Piot de 4º C, envíanos unha crítica da obra de Cristina na que nos di que lle gusta moito este debuxo
"debuxa xenial, ten moito estilo e moi boa man"
Noraboa, Cris!

Hannah Montana no Isaac Diaz Pardo



Preparádevos porque este ano na festa do entroido ven a visitarnos a famosísima Hannah Montana!

Dentro dunhas horas fará un espectáculo para todos os alumnos do centro coa súa canción, coreografía e estilismo propio e profesional. E o mellor de todo... gratis!

Na actuación tamén participaran os seus axudantes profesionais, os alumnos do Ies Isaac Díaz Pardo: Viviana y Evelyn Vázquez, Alejandra Piot e Marcos Mesías no papel de Nick Jonas.

Tivo que facer unha longa viaxe dende Los Ángeles ata Sada sólo por nós, demostrando así a súa ilusión por visitar Galicia e probar os platos típicos do entroido como as filloas, orellas, rosquiñas, cocido, torrexas e os chourizos.

Leticia Vázquez e Zoe Porta 4º B

viernes, 29 de enero de 2010

A foto misteriosa

Ilustración de Daniel Castelao, de Cousas: O pai de Migueliño
Este é un relato curto de Iria Guillemet inspirado no conto de Castelao " O pai de Migueliño", esperemos que vos guste.
A FOTO MISTERIOSA
Iria Guillemet

Cada mañá de cada día Migueliño levantábase da cama e pasaba por aquel longo corredor que o levaba ata a cociña. Ese corredor era importante para Migueliño xa que alí estaba colgada a foto da muller máis fermosa que podía ter visto na súa vida.
Cada vez que pasaba por aquel camiño fitaba atentamente aquela foto que tanto lle gustaba. Podía quedarse longas horas mirando aquela fermosa muller sin ningún reparo. Pero aquela mañá foi diferente a todas as anteriores. Migueliño levantouse da cama, púxose a roupa dos domingos e saíu a aquel longo corredor para poder ver de novo aquela foto. El mirábaa atento, sen perder ningún detalle daquela fermosura ata que unha voz o sacou do seu trance.

- Migueliño ¿ que fas mirando a miña foto de gradación?- preguntou Maite, a súa nai-
-¿ Esta muller tan fermosa es ti?-dixo sorprendido-
- Claro que son eu, ¿quen senón?, e ti herdaches toda a miña beleza.

A súa nai tiña razón, Migueliño era igual ca ela. Despois de aquel momento todas as mañás levantábase coma sempre para mirar a foto, pero esta vez cun enorme sorríso demostrando así o orgulloso que estaba da súa nai.