Cantar IV de Cantares Galegos

"Xa cantan os paxariños.
Érguete meu ben, que é tarde.
-Deixa que canten, Marica;
Marica, deixa que canten..."
Rosalía de Castro

lunes, 3 de mayo de 2010

O PRÍNCIPE TRISTE


Non moi lonxe do noso século, na terra dos antigos Faraóns e as secretas e mitolóxicas lendas de grandes tesouros e riquezas, habitaba no seu pequeno reino, dunha cidade xa habitada, un xoven e aposto príncipe que soñaba con ser algún día un gran rei como seu pai.
Dito reino do noso príncipe, estaba inimizado co pobo veciño. Esta mala situación viña dende antes de que o noso protagonista chegase a este perigoso e difícil mundo, do cal ninguén escapa sen sufrir nalgún momento da súa vida.
Os reinos veciños estaban enfrontados debido a que o reino do príncipe apenado, contiña no interior das súas entrañas unha pranta milagreira, unha especie de cáctus oriental pero sen púas.
Ese cáctus contiña o poder de adiviñar o futuro, un futuro que para o noso príncipe era totalmente escuro, horrible e inxusto.
Por esa mesma razón, o pobo veciño estaba enfrontado co príncipe e o seu reino; pola existenza dese cáctus que nunca debeu existir.
O xoven príncipe pasaba moitas noites pensando, dende que saen as estrelas, ata que o sol saca os seus primeiros raios de luz, no seu perigoso, incerto e inxusto futuro. Preguntábase que era o que él fixera para que se lle obrigara a vivir tal terrible vida en mans do destino que nunca antes imaxinara que lle podería acontecer.
Ás veces, os sonos convértense en realidade, non se podería explicar con palabras o por que, nin cando se acontece ese momento, pero o príncipe o sabía. Sabía que a súa traxedia estaba comenzada cun antigo sono que nin sequera él tivera.
A xeración de pais, fillos, avós, bisavós... pode ser moi boa polo reino e as riquezas que lle tocou vivir por descendencia. Pero tamén pode ser bastante nefasta, debido a que ese sono tan horrible e sen escapatoria por outro camiño que non fose o suicidio non fora o seu sono, senón de alguén dos seus antepasados que desexaba a súa destrucción e que agora descansará eternamente oíndo os pesares e gritos desesperados do que sería o seu neto, agora coñecido coma o príncipe triste.


Autor do relato: Edgar Gómez Sánchez 4ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario